Club Náutico O Muiño

Ribadumia (Pontevedra)

O equipo Alevin e Benxamin ven de lograr o 2º posto na clasificación final por clubes na segunda proba da Liga Provincial de Pontevedra, con este resultado o club confirmase un ano máis como un serio candidato a victoria da Liga.

a Nivel individual destacar o 3º posto de Iria Oubiña no k1 prebenxamin muller

María Pérez ven de confirmar a súa presencia na distancia olimpica do C2 500 metros nos selectivos que a RFEP realizou para a confección dos diferentes equipos nacionais nas vindeiras probas internacionais. María clasificouse para os Xogos Europeos en Minsk (Bielorusia) e o mundial Sub23 en Pitesti (Rumanía).

O C2 500 metros estará representado pola nosa deportista María Pérez Aragunde, que con apenas 18 anos clasificouse xunto a deportista do Club As Torres Raquel Dacosta, o c2 para os Xogos Europeos na categoría Absoluta e para o Mundial Sub23. En primeira instancia María clasificarase para Bielorusia xunto a Maria Corbera pero una serie de movementos e descartes das deportistas clasfiicadas, fixeron que a embarcación de María e Raquel se mantuvera para as dúas probas internacionais xa que a plaza lograda pola nosa deportista permanecía coa sua titularidad.

 

Noraboa!!

Os máis cativos do club seguen dando alegrías, e nesta ocasión alzandose co subcampionato Galego K1 que se disputou en Carballiño. O Campionato denominado Xogade tivo lugar no Río Arenteiro e participaron mais de 30 clubes galegos e máis de 300 deportistas de toda a xeografía galega.

Ler máis...