Sen dúbida a participación de María Pérez en Minsk nuns Xogos Europeos será algo que non pasará en vano xa que son como uns Xogos Olimpicos pero nivel Europa, e donde se encontraban os mellores deportistas europeos que non se quixeron perder esta cita en Minsk.
A falta de acoplamento polo escaso tempo adestrando xuntas puido pasar factura de cara o resultado final xunto a Raquel Dacosta (As Torres) pero foi unha cita que as vai axudar a seguir traballando en busca do obxetivo principal do ano, o Campionato do Mundo Sub23 que se disputará en Pitesti (Rumanía) a finales de xullo. En todo caso lograr poder estar este campionato xa e un éxito e suma así a unha traxectoria deportiva que segue crecendo, recordamos que María e o seu primeiro ano na categoría absoluta e sempre ese salto de junior a senior necesita un tempo para adaptarse e máis a nivel internacional nun ano tan exigente como esta donde estarán en xogos a plazas para Tokio 2020.
En Minsk, na heat 1 a sorte non acompañou xa que foi unha proba coas grandes favoritas de cara a vencer xunto con outros c2 dun altisimo nivel que sen duda loitaran polas medallas en Tokio, donde as nosas deportistas se defenderon e lograron o pase a semifinales. Na semifinal, a proba estivo máis axustada e estiveron loitando ata os metros finales polo 6 e 5 posto, o que como dixemos antes e sen dúbida un enorme éxito o poder disfrutar desta experiencia.