Lua Cubiella, terminaría nun apretado final no k1 cadete B muller no 4º posto final, despois de ir en postos de podio durante case toda a proba os últimos metros foron demasiado duros para poder manter ese posto.
Club Náutico O Muiño
Novas
Este sábado 19 de Maio, o embalse de Verducido acollerá a Copa de España para Cadetes sobre a distancia dos 1000 metros, unha proba que entra en escena a pista para as categorías cadetes e será a antesala do Campionato de España "Jovenes Promesas" en Julio en Trasona.
Lúa Cubiella será a representante do club que terá un protagonismo máis alto, xa que de seguro que loitará polas medallas na categoría muller cadete B k1. A Lua tamén se lle suma o K4 cadete de Oscar Baulde, Nico Piñeiro, Nico Mariño y Carlos Castro, no C1 1000 Nicolas Piñeiro e no K2 xunto a Lúa estará Lucia Lopez-Suevos. A todos moita sorte. !!! #SomosOMUIÑO
Trasona foi novamente escenario de diversos controis selectivos para conformar os diferentes equipos nacionais, nesta ocasión con Manuel Fontan xa clasificado tiña María Pérez en xogo a súa clasificación, donde finalmente a lograría no C2 500 metros.
Un ano máis o Nautico O MUIÑO estará representado internacionalmente, Manuel Fontán Señorans e María Pérez Aragunde serán os encargados de defendes as cores do clube tanto en Italia como en Bulgaria donde se celebrarán o Europeo e Mundial Junior respectivamente.
Este Xóves e Venres, o embalse asturiano de Trasona será o escenario do Control Selectivo para varias categorías e embarcacións, nas cales estará en xogo o c1 200 metros junior e c1 500 metros Junior donde participará a nosa deportista María Pérez Aragunde.