Club Náutico O Muiño

Ribadumia (Pontevedra)

O Campionato de España  sprint celebrado en Verducido saldouse con 4 metais para a expedición do club, destacando o titulo logrado polo C2 mixto 500 metros de Manuel Fontan e María Pérez. Manuel tamén lograría o subcampionato de España no C1 500 metros e María alzaríase con dous metais máis de bronce no c1 200 e c1 500 metros !!!

A expedición completouna o K4 senior formado por Borja, Paulino, Chata e Angel logrando a final C nos 500 metros e a final B nos 200 metros .  Lúa Cubiella fariase coa victoria no final B do k1 200 metros junior e Alberto Pérez faría o mesmo na final C do K1 200 junior masculino. En k1 paracanoe KS1 200 metros Paco fariase co 4º posto.

Con estos resultados confirmarse o ascenso a 1º División nacional do equipo masculino, categoría que xa se encontraba o feminino e donde quedou as portas do ascenso a división de honor o quedar finalmente no 4º posto final na 1º división.  

María Perez logrou 3 metais, dous de bronce nos c1 200 e 500 metros absolutoe  o título autonómico no c2 mixto por segundo ano consecutivo formando parella con Manuel Fontan, que o mesmo tempo tamén se alzaría co bronce no c1 200 metros en masculino.

Con estos resultados, os deportistas absolutos afrontaran a última proba de pista en 1 mes co Campionato de España que se disputará en Verducido.

 

Coa disputa da última proba galega de Infantiles, Silvia confirmase como subcampiona galega da modalidade. O Galego de Pista sobre a distancia dos 500 metros saldouse cunha plata para Silvia que afrontará a última proba da temporada en Trasona Asturias, co Campionato de España Infantil o 23 e 24 de Julio.

Bo papel do resto do equipo Infantil, donde seguen recollendo experiencia de cara a futuras probas.

O Campionato Galego de Pista Cadete saldouse con dous metais para os deportistas ribadumienses, Brian Perez alzouse co titulo en Cadete B k1 1000 metros, mentras o k2 cadete de Avril e Alba lograron o subcampionato. 

Ler máis...

Maria Pérez xunto a Patricia Coco (Cisne de Valladolid) acadan o 7º posto na final do c2 200 metros no Campionato de Europa que se disputou na localidade Polaca de Poznan.