o vindeiro Venres 1 de Marzo as 19:00 horas en 1º convocatoria e as 19:30 en 2º convoctaria convocase a todos socios de número ASAMBLEA XERAL ORDINARIO do Club no salon de actos das instalacións en Cabanelas.
Club Náutico O Muiño
Novas
A deportista do club María Pérez Aragunde foi convidada polo goberno de España en representación da provincia de Pontevedra para a celebración dos actos do 40 aniversario da constitución española que se celebraron no palacio da Moncloa.
Un ano máis e van 6 o club está no podio da clasificación final da Liga Provincial de Pontevedra despois de lograr na última proba da temporada en Vilanova de Arousa cun 3º posto.
Manuel Fontan, Lúa Cubiella e María Perez serán un ano máis os deportistas referentes da entidade o estar becados para poder compaxinar os adestramentos cos estudios, Manuel e Lúa repetirán en Pontevedra e María en Sevilla.
O mundial absoluto que se disputou en Portugal na localidade de Montemor O Velho saldouse cun excelente papel da nosa deportista María Pérez que no seu debut na máxima categoría sendo junior logrou un meritorio 7º posto no c2 200 metros.
O c2 200 metros de España formado polas pasadas subcampeonas do mundo junior en 2017 María Pérez e Antía Jacome logrou estar a altura que se esperaba e lograron clasificarse para unha complicada final e unha vez dentro pelexar ata os últimos metros donde finalmente tiveron que conformarse co 7º posto o cal estamos moi orgullosos. Noraboa. !!



