A kayakista cadete Lúa Cubiella Fernandez ven de proclamarse subcampiona cadete nos 5000 metros que se disputou no río Lérez en Pontevedra.
Club Náutico O Muiño
Novas
O Embalse de Trasona, acollerá o vindeiro Sábado 7 de Abril a 1º Copa de España donde na categoría C1 junior 1000 metros será clasificatoria para gañar a plaza para disputar a proba no vindeiro Mundial Junior en Plovdiv do 26 ó 29 de Julio.
Manuel Fontán Señorans volverá a ser internacional por terceiro ano consecutivo, nesta ocasión como o c1 titular na distancia olimpica do c1 1000 metros despois de impoñerse con autoridade no control selectivo que se disputou durante a Copa de España disputada en Trasona.
Os resultados dos nosos deportistas foron sen dúbida a ter en conta, xa que na clasificación final do medalleiro ningun clube foi capaz de superar os 3 ouros logrados polos nosos deportistas o que ai que sumarlle a plata en Master de Ramón Ferro. Manuel Fontan cos seus triunfos en Junior e sub17, e María Perez no c1 junior impuxeron un liston que ningun outro clube de España foi capaz de superar.