O embalse de Belesar foi o escenario do Campionato Galego de Infantiles sobre a distancia dos 3000 metros donde Alberto Pérez Aragunde lograría un loitado podio na categoría reina Infantil. A vindeira cita en Muiños (Ourense) o vindeiro sábado 2 de Xuño na 3º proba da Liga Galega Infantil.
Despois dunha gran saída Alberto pasaría pola 1º volta no 4º posto e tras colocarse no 3º lugar tivo que loitar ata os metros finales por manter a posición con dous kayakistas de Catoria e un de Rianxo. Desta forma Alberto saca a espiña clavada no Campionato de España disputado en Mallorca xa que despois dun volco non puido loitar por estar nos grupos de cabeza. En Taboada tamén participaron Mariana, Carmen, Noelia, Laura, e Alicia que lograría un 8º posto en k1 infantil B, na clasificación final do campionato feminino logramos un 4º posto por clubes.