Club Náutico O Muiño

Ribadumia (Pontevedra)

No día de hoxe o noso deportista Infantil incorporouse a concentracion que realiza a Comisión Técnica da Federación de cara a evaluar os posibles deportistas a ingresar para o vindeiro curso no Centro de Tecnificación.

 

Alberto estará concentrado no CGTD dende o día de hoxe ata o venres donde se evaluara as suas condicións, técnica, recoñecementos médicos etc para un control máis exaustivo deste deportista que se encontra en todas as probas na loita polo podio na súa categoría.