Club Náutico O Muiño

Ribadumia (Pontevedra)

O 16 de Junio o río Umia acollerá unha edición moi especial, a 25ª, e con este motivo e despois do consenso chegado na pasada Asamblea Xeral Ordinaria do Club do pasado 1 de Marzo acordouse o cambio de percorrido en esta edición.

O percorrido da 25 Baixada do Umia será como no seu inicio, na zona baixa do Umia e cun percorrido con saída na ponte de Barrantes e ciaboga nas cercanías da Ponte de Castrelo para regresar as instalacións do club donde estará fixada a meta.

Esta era unha opción que se levaba baraxando dende fai moito tempo e con motivo do aniversario da proba vemos oportuno facelo ainda que tamén matizamos que non é definitivo para as vindeiras edicións pero si este ano. Una vez terminada a proba valoraremos todo para estudiar o percorrido da edición do 2020. 

Con este cambio volverán o Umia as embarcacións dobles como o k2 e o C2 amplicando considerablemente a previsión de participación, donde pretendemos bater record de participación superando sin dúbida os 300 de media dos últimos anos.

Así como tamén facemos un chamamento de "protesta" para as institucións polo estado do Umia, xa que dende o club sempre nos encontramos o Umia cun estado de abandono previo o evento e dende o club temos que afrontar esa "limpeza" "xestións" "con institucións" para que ó menos poida pasar 1 embarcación en zonas que en moitos casos e imposible polo estado do río. Un río o que lle temos moito cariño e parte fundamental do noso club  xa que a nosa historia dende 1995 sempre foi da man deste evento, pero vertido tras vertido, inundación tras inundación vemos que solo esta entidade se acorda do Río e ano a ano sentimonos impotentes ante tal abandono e desprecio por ó menos interesarse por este río o cal recordamos que bebe moitas familias del. Con todo esto como dixemos non cerramos a porta a volver o percorrido da zona alta do Umia que tantos éxitos dou a esta proba, pero entendemos que inovar e evolucionar e sen duda e unha ocasion especial para volver os inicios e unha vez finalice a 25 edición , tamén usaremos este percorrido como proba de cara a intentar que sexa da Liga Nacional po 2020 xa que o percorrido actual non e compatible para a Liga Nacional.