O deportista Manuel Fontán estará a vindeira semana en Sevilla concentrado co equipo nacional Canoa.
O deportista desta entidade Manuel Fontan segue sendo o centro de atención da canoa co seu salto a categoría absoluta de cara o 2020, do 25 de Novembro ó 1 de decembro estar en Sevilla, recordemos tamén que Manuel descartou a chamada do equipo nacional para a incorporación permanente en Sevilla e seguir un ano máis "na casa" no seu día a día entre o club e o CGTD. Manuel Fontan ten un curriculum interminable non só a nivel nacional se non que internacional, no seu primeiro ano de cadete disputou o Mundial Junior no C4 500 metros logrando o 8º posto na final (Bielorusia 2016), no segundo ano Cadete disputou o Europeo Junior no C2 500 metros co 6º posto na final (Croacia 2017) e logrou os dous titulos en Xogo nos Xogos Europeos da Xuventude sub16 no c1 500 e c1 200 metros. No 2018 nos eu primeiro ano de Junior lograría o Subcampeonato de Europa no olímpico c1 1000 metros e o 4º no c1 200 metros (Auronzo Italia), no Mundial finalizaria 9º no c1 1000 metros e 4º no c4 500 metros. En esta temporada lograría o 6º posto no Mundial no C1 1000 metros en Pitesti (Rumanía) e o 6º no C4 500 metros, a todos estos éxitos internacionais sumamos os titulos de Campeón de España logrados desde a categoría Infantil B donte todos os anos se proclamou Campion de España en pista.