Baixada do Umia

Praia Fluvial Portas - Puente Arnelas (Vilanova de Arousa)

a 24 Baixada do Río Umia quedase na casa ! Jesus León, Ramón Ferro e María del Palacio adxudicanse a baixada

O Club Nautico O MUIÑO volveu a lograr a victoria na 24 Baixada do Río Umia, dominando por completo a proba e lavandose 6 victorias, dúas platas e dous bronces. Jesús Rodriguez León do Fluvial O Barco no k1 logra o seu 4 título en Ribadumia, Ramón Ferro no C1 e María del Palacio en K1 muller adxudicanse a victoria absoluta.

 

Ramón Ferro, Manuel Fontan, Lúa Cubiella, Mario Noya vencen nas súas categorias, mentras que Oscar Baulde e Roberto Noya conseguen o 2º posto, Enrique Costa e Nicolas Piñeiro o bronce completarían o dominio desta edición do equipo anfitrion, cunha participación de 200 embarcacions chegadas de toda a xeografía galega e dous clubes asturianos.

Bernando Sanchez (Fluvial O Barco) no k1 home Veterán, Martiño Beloso (Naval) no k1 junior, Marcos Muñiz (Portonovo), Borja Lamas (Breogan) no c1 cadete, Andrea Piñeiro (Firrete) K1 senior e Eva Estevez (Olivico) no k1 cadete muller foron os vencedores das categorías restantes. 

Por clubes

1 CLUB NAUTICO O MUIÑO DE RIBADUMIA 927 6 2 2
2 CLUB DE PIRAGUISMO OLIVICO 716 2 0 1
3

CLUB NAVAL DE PONTEVEDRA

CLUB BREOGAN O GROVE

694 1 2 1

 A meta volante Jose Manuel Torres "Iño" levouna Lúa Cubiella do O MUIÑO o ser a primeira en cruzar pola Ponte de Baion, por outro lado Manuel Fontán Señorans levabase tamén a meta volante "Peke" por segundo ano consecutivo o ser o primeiro junior en cruzar en Ponte Arnelas.

 

Carteis Baixada do Umia

Baixada do Umia en Piragua
Liga Galega de Descensos de Ríos e Travesías

ALFREDO BEA
Presidente da Federación Galega de Piragüismo