Club Náutico O Muiño

Ribadumia (Pontevedra)

Revalidan o título ! CAMPEÓNS DO MUNDO por segundo ano consecutivo no C4 500 metros. Manuel Fontán e Adrián Sieiro impoñeríanse con autoridade na final do Campionato do Mundo disputado en Duisburg (Alemania) por diante das tripulacións polaca e de Ukraina. 

Novamente a tripulación que fai un ano lograba o título en Halifax (Canada) de Joan Moreno, Pablo Graña, Manuel Fontán e Adrián Sieiro suben o máis alto do podio !!!

A 3ª proba da Liga Provincial de Pontevedra finalizou co club no segundo caixon do podio por equipos por detras do Portonovo. Con este resultado seguimos o frente da Liga a falta de 3 probas para finalizar sendo en Outes (A Coruña) a próxima cita.

Ler máis...

Adrian Sieiro con tres metais (1 ouro, 1 plata e 1 bronce) Campeón de España no C1 500, subcampeón no C2 500 metros con Manuel Fontan e bronce no C2 200 metros con Carlos Picón alzouse como o máis destacado xunto o C4 femenino de Alba Vázquez, María Pérez, Carla Sieiro e Ana Fonseca con dous bronces no C4 1000 metros e C4 500 metros.

Ler máis...

Montemor O Velho foi o escenario dos dous subcampeonatos de Europa logrados por Manuel Fontan.

O Primeiro de eles foi no C2 1000 metros facendo parella con Diego Dominguez e o segunda na distancia Olímpica do C2 500 metros xunto a Martín Jacome donde a igualdade foi protagonista hasta a fotofinish. Dous metais no continental que despois do 5 posto agridulce do Mundial de Aronzo no C1 500 metros dan as suficientes forzas para afrontar coas gañas renovadas a última proba internacional, o Campionato do Mundo absoluto en Duisburg (Alemania) donde participará no C4 500 metros xunto a Adrián Sieiro e Pabro Graña (Rodeira) e Joan Andoni (Pollenca), a tripulacion actual campiona do mundo .