Dende o CLUBE NÁUTICO O MUIÑO DE RIBADUMIA vimos de acordar a creación e posta en marcha dunha nova sección deportiva dentro da nosa entidade, o CICLISMO.
O obxetivo deste novo proxecto non é outro sinon o de acercar máis se cabe o noso clube ao deporte, facendo crecer o mesmo e ampliando os nosos horizontes á outras disciplinas deportivas, especialmente nesta temporada que afrontamos o 30 aniversario con esta novidade.
Entendemos o ciclismo como un deporte aberto, transeversal e interxeracional, no que participan dende nenos/as ata persoas adultas de todas as idades e que nos permite desfrutar e coñecer o noso entorno natural.
Deporte do cal, dende o noso clube, facemos uso habitualmente para a preparación óptima dos nosos deportistas na actividade do piragüismo, pero o cal tamén se practica fora do ámbito competitivo. É por isto, que nos decantamos á por en marcha na temporada 2024 esta nova sección, facendo do CLUBE NÁUTICO O MUIÑO DE RIBAUDUMIA un clube multidisciplinar, integrado na FEDERACIÓN GALEGA DE CICLISMO.
O ciclismo xa leva metido nesta entidade máis de 10 anos en donde temos participado en diversas competicións, marchas etc de forma individual coas cores do club, de feito nestos anos están na carretera máis de 150 mallots do club que fan que esa xente tamén nos animara a dar ese pequeño paso para poder axudarlle e darlle maior cobertura os nosos afeccionados, socios.
Esta iniciativa está aberta tanto á deportistas do noso club, familiares e socios como ao público en xeral, que queiran participar en probas competitivas, marchas, etc., ou simplemente practicar e desfrutar do ciclismo con seguridade e formando parte da familia do NÁUTICO O MUIÑO.
Este próximo domingo xa teremos representación en na Eurorexións en BTT con saída en Valença do Miño (Portugal).