O Campionato do Mundo Junior e Sub23 disputado en Montemor O Velho (Portugal) saldouse co regreso de Manuel Fontán o podio Internacional, nesta ocasión sendo a súa primeira medalla na categoría sub23 na C4 500 metros xunto os galegos Noel Dominguez, Pablo Graña e Martín Jacome, este último formaría C2 con Manuel na nova modalidade olímpica para París 2024 quedando as portas do metal, finalizando na final no 4º posto.
Neste Campionato tamén participou María Pérez Aragunde, no C4 500 metros sub23 logrando o 6º posto e no C2 200 metros logrando o 7º posto final.