O campionato de España de Maratón disputado en Pontevedra saldouse coa clasificación para o Campionato de Europa de Maratón a disputar en Xullo en Moscú (Rusia).
María Pérez sería a primeira en ganar a plaza e no seu caso por partida doble xa que o Venres quedaba 2º na Short Race e o sábado quedaría Subcampeona de España despois de 20 km e 4 porteos por detras da Pontevedresa Jenifer Casal do EPCP. O sábado tamén participaba no k1 junior Alberto Pérez donde logrou o 16º posto.
Sabado a tarde era o turno dos cadetes donde Brian Pérez e Alba Vázquez lograría o bronce no Campionato de España no k2 mixto cadete sendo subcampeóns Galegos.
Por último o domingo sería o turno do k2 dama junior donde Lúa Cubiella formaba parella coa deportista de Portonovo Sara Durán impoñendose no Campionato e logrando tamén a plaza para o Europeo de Moscú.