Os máis cativos do club seguen dando alegrías, e nesta ocasión alzandose co subcampionato Galego K1 que se disputou en Carballiño. O Campionato denominado Xogade tivo lugar no Río Arenteiro e participaron mais de 30 clubes galegos e máis de 300 deportistas de toda a xeografía galega.
Con este novo título nestas categorías, podemos presumir que se leva 6 anos logrando subir o podio en algun Campionato Galego destas categorías. Os deportistas máis destacados foi o 2º posto de Ero Fernande en Prebenxamin, Pablo Contiñas rematou 5º, Laura Hermello 4º pero sen dubida foi o bo ambiente e que todos os deportistas do club puntuaron e sumaron.