Club Náutico O Muiño

Ribadumia (Pontevedra)

O Campionato de Mundo Junior e Sub23 que se disputou en Plovdiv en Bulgaria, cerrouse como resultado máis destacado o 4º posto do C4 500 metros Junior donde participaba Manuel Fontán.

 

Este sen dúbida non foi un Campionato fácil para os nosos deportistas desplazados, María Pérez  quedaría 2º na Final B do C1 500 metros e non lograría meterse na final no C2 500 metros xunto a pontevedresa do EPCP María de la Peña, as sensacións de ambas non foron boas durante o campionato e veuse reflexado no cansancio que mostraron donde non colleron ritmo.  No referente a Manuel Fontán no c1 1000 metros, distancia que viña de proclamarse fai unhas semanas subcampion de Europa todo comenzaba con moi boas sensacións o clasificarse directamente para a final e co 2º mellor tempo, pero na final todo cambiou a pesar de estar pelexando polas medallas ata os últimos 250 metros, finalmente tivose que conformar co 9º posto .

 

Dende o club sentimonos moi orgullosos de ambos deportistas e solo coa súa clasificación para estas citas internacionais non é doado, e estar nos mellores do mundo en este deporte non é tarea fácil. Ahora toca recuperarse e aprender dos erros. Maria Pérez ainda non terminou a temporada e a finais de Agosto tocalle turno a súa participación no Campionato do Mundo pero nesta ocasión na categoría raíña, absoluta, no C2 200 metros xunto a Antía Jacome (ambas proclamaronse a temporada pasada subcampionas do mundo junior na mesma distancia). SORTE.