O lugar das Xuvias no concello de A Coruña foi o escenario de dúas pobas das diferentes Ligas Galegas, o sábado foi o Campionato Galego de Infantil de k2 e C2 e o domingo disputouse a Travesía Ría da Pasaxe coa victoria de Lúa Cubiella no K1 muller Cadete.

No campionato Galego, destaca o 5º lugar do equipo infantil Femenino sendo Carmen Chazo e Sara Castro as que lograron o mellor posto cun 5º, Alberto Pérez e Mariana Gonzalez cando ían no 3º posto en Infantil A sufriron un volco que os relegou da loita polo podio. Mentras tanto o Domingo na Travesía Ría de Pasaxe, Lúa foi a deportista máis destacada coa súa victoria, donde no c1 junior Enrique Costa rozou o podio finalizando no 4º lugar. Todos os integrantes do club lograron terminar e puntuar. #somosOMUIÑO