Manuel Fontán Señorans volverá a ser internacional por terceiro ano consecutivo, nesta ocasión como o c1 titular na distancia olimpica do c1 1000 metros despois de impoñerse con autoridade no control selectivo que se disputou durante a Copa de España disputada en Trasona.

Fontán confirmou os pronosticos e fixose co billete que o levará con España o Campeonato do Mundo Junior e Sub23 a finais de Xullo en Bulgaria, na localidade de Plovid. Manuel garantiza a súa presencia financiada pola RFEP e unha vez se terminen todos os selectivos das diferentes modalidades e categorias que se realizan durante este mes, definirase a súa presencia tamén no Europeo Junior ( nesta ocasion terá que se autofinaciada).

Na copa de España tamén participou María Pérez Aragunde, outra seria candidata a estar tamen en Plovid, pero terá que esperar a 2º Copa de España dentro de 1 mes para buscar a plaza no c1 200 metros junior, de confirmarse a clasificación de María, segun os criterios publicados pola RFEP esta semana a súa presencia no Mundial Junior tera que ser autofinanciada, un feito que non entendemos o tratarse de modalidade olímpica, e donde a RFEP está a dar a espalda. Estos datos limitan o club e a progresión de ambos e de darse o caso, estamos a traballar para a financiación para que de gañar a plaza María poida estar presente en Bulgaria.