O embalse ourensano de Castrelo de Miño será o escenario do Campionato Galego para as categorías Junior, sub23, senior e veterano que sobre unha distancia dos 5000 metros será a antesala do Campionato de España que será en Sevilla o 14-15 de Marzo.

Ata terras ourensanas desplazaranse con opcións claras de podios os nosos deportistas, Ramón Ferro intentará revadilar o titulo autonómico en Master. Manuel Fontan que disputará a súa primeira proba absoluta, tomará a saida na sub23 (unha nova categoria que entra en vigor este ano nos campionatos galegos), en ela buscará optar a medalla. Tamén en Sub23 estará na saída María Perez Aragunde que se encontra semiconcentrada de externa co equipo nacional en Sevilla retonara a Galicia para optar a loita polo podio en Ourense.  Lúa Cubiella, estrenarase na categoría Junior e tamen parte con opcion de estar na loita final das medallas, a pesar que a distancia non lle beneficia de seguro que estará no grupo de cabeza.