12 de Enero 2014 disputarase unha nova edición do Duatlón Cross Ribadumia


Ribadumia volverá a acoller unha proba do calendario Galego de Duatlón Cross, e será o escenario que de o inicio a temporada. Será o 12 de Xaneiro a partir das 11:00 horas nas inmediacións das instalacións do club en Cabanelas. A Asociación Cultural e Deportiva Herminio Barreiro, xunto esta entidade #CNOMUIÑO, serán os responsables da organización.

O percorrido será similar a primeira edición, donde a dureza, a técnica, a rapidez son factores importantes para sacar os 27 kilómetros de percorrido (5km carreira + 20 km ciclismo + 2,5 km carreira), desenvolvese polas inmediacións do Río Umia o seu paso por Ribadumia, a zona de saída e transicións e nas inmediacións do Club Nautico O MUIÑO. 

Desde a organización esperase superar as cifras de inscriptos do ano pasado, sendo xa unha das máis numerosas do calendario, e despois de uns días co calendario cerrado por parte da Federación Galega de triatlón está sendo moi acollida esta proba por parte dos afeccionados deste deporte. 

As inscripcións realizaranse mediante a web www.fegatri.org cun coste de 9 €, e se non eres federado tamén poderas participar pero deberá deberás facer a licencia de un dia cun coste de  12 €,  O PLAZO DE INSCRIPCIÓN SERÁ CORTO XA QUE O SER A PRIMEIRA PROBA E NO INICIO DO ANO SERÁ DO 2 DE XANEIRO Ó 7 DE XANEIRO mediante a web www.fegatri.org .