Taboada dará o inicio a temporada en Augas tranquilas - Cto Galego de Inverno


O vindeiro sábado 4 de marzo dará comenzo oficialmente a temporada 2017 en augas tranquilas, un campeonato galego que se disputará novamente no embalse de Belesar  (Lugo) – Taboada despois de moitos anos de desaparecer do calendario galego, en donde o club presentarase con 8 deportistas que optarán por varios títulos autonómicos.

 

No c1 home cadete: Manuel Fontán Señorans opta ó titulo e a volver a escribir unha temporada 2017 en letras de ouro xa que no seu segundo ano de cadete volve a ser claro protagonista na categoría cadete e con opcións de volver clasificarse para disputar o Mundial Junior con España. En Taboada Manuel estará acompañado na categoría por dous deportistas máis do clube, Nicolas Piñeiro e Enrique Costa que loitarán por clasificarse en control.

No c1 muller cadete: María Acosta será unha candidata o podio no campionato estando nun momento de crecemento e formación xa que leva apenas uns meses nesta nova disciplina pero que a súa progresión situa na temporada 2017 a estar nos podios nos diferentes campeonatos galegos e nacionais.

No c1 muller Junior: María Pérez Aragunde, será o seu estreno na categoría Junior e regresará da súa concentración en Sevilla para iniciar a temporada  e as competicións de cara a súa preparación para lograr a clasificacion para o Mundial Junior de Rumanía, María a día de hoxe confirma as esperanzas e o traballo feito no clube e con opcións serias dun futuro prometedor.

No c1 home veterano: Marío Noya optará a un podio un ano máis a pesar que este campeonato chega demasiado pronto na súa preparación, xa que o traballo e outros deberes restaron horas de entrenamento. Nesta categoría tamén estará o seu irmá Roberto Noya que pelexará polo podio.

Descargar archivos adjuntos:

Sponsors O Muiño

O Cruceiro Vello
Neumáticos AC Conde
O Cruceiro Vello