• Manuel FontánMedalla Ouro C1 500m en Hungría(2017)

adiós o Slalom no 2017


A DIA DE HOXE ESTO E O QUE HAI. 

Co novo ano, terminou o plazo que dende a Federación Galega de Piragüismo establece para formalizar as solicitudes para o calendario de probas da temporada 2017, un plazo amplio no cal desde este club se notificou o Concello de Ribadumia nunha reunión o pasado día 12 de Decembro explicando que deberían confirmarnos antes do día 31 de Decembro do interés por parte deste concello de Ribadumia de organizar a proba un ano máis, unha resposta que solicitamos por escrito, pero que non aconteceu nin por escrito nin verbalmente.

Polo cal entendemos desde esta entidade que non interesa que se faga dito evento que este ano 2017 chegaría a súa 7º edición. Xa que non se puido solicitar dita proba a federación cando si nos prometeron unha resposta antes de que finalice o plazo.

Polo contrario, o club Nautico O MUIÑO de Ribadumia si solicitamos a inclusión da 23 edición da BAIXADA DO RIO UMIA unha proba que sale adiante gracias o sacrificio desta entidade e da Deputación de Pontevedra que segue apostando por esta proba, e que no 2017 sera a falta de confirmación da Asamblea Xeral da Federación en Xaneiro o vindeiro 11 de Xuño e que separaremos do concello de Ribadumia, xa que entendemos que non lles interesa eventos para este pobo.

Recordamos que é o máis lamentable, que o orzamento do slalom está nos presupostos do concello de Ribadumia (xa que paga integramente o concello), polo que non se entende esta decisión, ou si, por desorganización e deixadez, porque despois de 2 anos no goberno non se pode gobernar sen planificación e tentando ter eventos no pobo simplemente porque hai clubes que se involucran e se moven. Unha proba que se encontraron no 2015 xa todo organizado e estuveron para a foto, no 2016 xa tivemos que estar pelexando para que se fixera, recordemos que nun principio suspenderase despois de moitas reunións co concello e que finalmente se celebrou en Agosto, e non sen complicacións xa que dende o concello deronse conta que era o Slalom dous días antes ( menos mal que 15 días antes pagaran os trofeos, na presentación da Baixada o alcalde informara da nova data, e que esa mesma semana salia na prensa), tendo que modificar o percorrido pola maleza da zona de saída.

En definitiva, o que está claro e que ante o silencio do Concello de Ribadumia a día de hoxe caese unha proba do calendario galego e unha proba que se celebraba no concello de Ribadumia donde a participación era para os deportistas máis cativos, dende o club Nautico O MUIÑO non vamos pelexar máis, xa que dende o concello xa nin se contestan os escritos que se fan vía rexistro entrada  do concello ( o cal temos presentadas 3 solicitudes dende Agosto do 2016 sen contestación algunha), nin mediante reunións se cumple o falado.

 

Tamén aproveitamos para notificar que un ano máis o Concello de Vilanova de Arousa aposta pola PROBA DA LIGA PROVINCIAL DE ALEVINES E BENXAMINES que se disputa dende fai 7 anos en Vilanova e que conta coa organización do concello de Vilanova e do Club Nautico O MUIÑO.

Sponsors O Muiño

O Cruceiro Vello
Neumáticos AC Conde
O Cruceiro Vello