• Manuel FontánMedalla Ouro C1 500m en Hungría(2017)

Temporada 2012


Un ano máis o Club Nautico O Muiño consagrase entre os mellores do panorama nacional e galego logrando o Subcampeonato Galego de Promoción de Slalom que se disputou no Río Umia e completabase co tamén subcampeonato na Liga Galega de Promoción de Slalom, o Kayak de Mar nesta temporada tamén encontrou un protagonismo especial por parte dos integrantes do club, donde se logrou o bronce na Liga Galega e non baixando o do podio nas 8 probas que compoñen a Liga. 

Paulino Otero sería outro protagonista nesta ocasión na súa cita internacional, que non abandona dende o 2008, pero na categoría absoluta, logrando no Campeonato de Europa de Croacia o 10 posto no Olímpico K2 200 metros xunto a Isacc Toro. David Maquieira tamén estaría na cita internacional europea pero na categoría sub23, en Portugal donde lograría o 6º posto no Olimpico C2 1000 metros xunto o asturiano David Fernandez, Maquieira tamén participaría no C1 500 metros. A nivel Galego Borja Bejo que cursaría o seu primeiro ano no CGTD de Pontevedra lograría o Bronce no Campeonato de España Cadete k1 1000 metros, así como o Campeonato Galego no K2 200 metros xunto a Angel Piñeiro. David Maquieira e Juan Bayon a nivel nacional lograrían 3 metais no Campeonato de España no C2, sendo subcampeóns nos 1000 metros, bronce no 500 metros e Campeóns no 200 metros. 

En promoción destacar o Campeonato Galego k4 1000 metros Infantil B logrado por Jose Carlos Barral, Xavi Abal, Eloy Castro e Alvaro Gonzalez.

Sponsors O Muiño

O Cruceiro Vello
Neumáticos AC Conde
O Cruceiro Vello